Skip to main content

O concurso de vídeos Móvete polos ODS anima o estudantado a ser parte da solución aos grandes retos mundiais

No concurso pode participar todo o estudantado universitario. Foto: Santi Alvite
No concurso pode participar todo o estudantado universitario. Foto: Santi Alvite
A convocatoria desta cuarta edición permanece aberta ata o 8 de outubro

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), da que forma parte a USC, convoca a cuarta edición do concurso de vídeos ‘Móvete polos ODS’ co obxecto de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas á vez que animar á comunidade universitaria a formar parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático ou a perda da biodiversidade, entre outros asuntos.

Quen desexe participar no concurso, dirixido ao estudantado das tres universidades galegas, deberá enviar un vídeo de 1 min de duración en formato mp4 no que explique como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan os ODS. Haberá un primeiro premio de 550 euros, un segundo de 350 e un terceiro de 200  para os vídeos máis votados en Youtube, ademais dun premio á innovación dotado de 400 euros.

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento está conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, sendo o seu principal obxectivo e fortalecer a posición das tres universidade de Galicia como axentes de cooperación.
 

The contents of this page were updated on 10.04.2024.