Skip to main content

Precisa inscrición a través da Secretaría Virtual

Curso de competencias en información para a investigación. Nivel experto

11.04.2024-12.04.2024 | 08.30h-21.30h

Este curso, que se desenvolverá do 4 de novembro ao 4 de decembro, está orientado a todo o alumnado de doutoramento, ao contemplar o seu contido competencias transversais necesarias na etapa de tese.

O curso de Competencias en Información para a Investigación terá lugar do 4 de novembro ao 4 de decembro. Imaxe: Unsplash
O curso de Competencias en Información para a Investigación terá lugar do 4 de novembro ao 4 de decembro. Imaxe: Unsplash

A matrícula realizarase na Secretaría Virtual do 21 ao 28 de outubro. O curso desenvolverase ao longo de catro semanas, do 4 de novembro ao 4 de decembro, de xeito semipresencial.

Esta formación está destinada ao alumnado de doutoramento da EDIUS e conta con 50 prazas (25 para o campus de Santiago e 25 para o campus de Lugo).

O curso organízase en 6 módulos cos contidos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio, a través do Campus Virtual. Realizaranse dúas sesións prácticas presenciais de 3 horas cada unha: 

  • 1ª  sesión: Buscas bibliográficas + Uso de Xestores bibliográficos (RefWorks)
  • 2ª sesión: Traballo científico + Ciencia Aberta

Os contidos da formación teórica serán os seguintes:

  • Busca eficaz da información, avaliación e xestión da mesma
  • Ferramentas TIC na USC
  • A elaboración do traballo científico, propiedade intelectual, publicación e difusión da información
  • Ferramentas de traballo colaborativo na rede
The contents of this page were updated on 10.14.2024.