Skip to main content

Intrusións de intelixencias artificiais nas reunións de Teams

Cando unha intelixencia artificial se autoinvita agochada ás nosas reunións de Teams

IA agochada
Intelixencia artificial agochada

Determinadas aplicacións de intelixencia artificial solicitan introducirse nas reunións de Teams como invitadas. Unha vez que se lles permite o acceso, gravan en secreto a reunión, fan un resumo dela, identifican ás persoas asistentes,  transcriben as súas intervencións e, por último, ofrecen unha ligazón para acceder á gravación completa accesible para calquera persoa de fóra da organización.

Que debemos facer para evitar as instrusións? 

  • Non aceptar peticións de ingreso na reunión por parte de “invitados” que non figuren de inicio na lista de participantes, aínda que aparezan co nome dunha persoa coñecida (sacada seguramente da lista de contactos dun usuario), a menos que se teña constancia certa de que realmente é a persoa en cuestión a que pretende entrar na reunión.
  • Aplicar a política de omisión da sala de agarda (“bypass the lobby”) máis restritiva posible

 

Información complementaria e instrucións de configuración da sala de agarda

Estes son os pasos que segue a IA para introducirse:

  • Un usuario accede a unha páxina comercial dunha empresa de IA e apuntase para traballar co seu produto (ben mediante o programa básico, gratuíto, ou o máis avanzado, de pago).
  • Dentro das condicións de uso da IA está permitir o acceso a Teams e á súa axenda.
  • A partir deste momento, cando esta persoa teña unha reunión por Teams a IA tentará entrar na reunión como invitada, utilizando o nome dun contacto do usuario. 
  • Se, inadvertidamente ou por coñecer o nome usado pola “invitada”, se permite o acceso, a IA gravará en secreto a reunión e, unha vez rematada, utilizará as súas ferramentas para resumir o tratado, transcribir as intervencións, identificar aos participantes e deixar dispoñible o acceso á gravación completa mediante unha ligazón que se pode enviar a calquera persoa, participante ou non na reunión.

Polo momento é necesario que algún dos participantes na reunión autorizados acepten a solicitude de ingreso, polo que a única medida ao noso alcance é verificar a identidade de calquera persoa que non figure na relación de convocados á reunión e rexeitar peticións de participar por parte de invitados non acreditados.

Teams permite impedir a entrada nas reunións sen pasar pola sala de agarda.

Pensemos na transcendencia de divulgar publicamente as nosas reunións por Teams, clases ordinarias de grao ou posgrao, reunións de órganos colexiados, etc. Recomendamos, polo tanto, extremar as precaucións cando non desexemos que as reunións se fagan públicas.

Documentación de referencia: https://support.microsoft.com/es-es/office/usar-la-sala-de-espera-en-las-reuniones-de-microsoft-teams-eaf70322-d771-4043-b595-b40794bac057

A política de sala de agarda establece as persoas que poden unirse a unha reunión de Teams sen necesidade de seren admitidos explicitamente.

A persoa organizadora dunha reunión pode establecer as condicións da sala de agarda no momento de convocala, sen máis que acudir á parte dereita da fiestra de convocatoria baixo o título “Quen pode omitir a sala de agarda?”:

Premer no despregable para elixir a opción máis acaída para o propósito da reunión:

Unha imaxe na que se mostra texto, captura de pantalla, Fonte, número

Descrición xerada automaticamente

As opcións están ordenadas desde a menos restritiva (“Todos” poden omitila) ata a máis restritiva (“Só organizadores e coorganizadores”). A nosa recomendación é elixir “Persoas que foron invitadas”; así só as persoas incluídas na convocatoria entrarán directamente na reunión; calquera outra deberá agardar a que un organizador permita a súa unión. 

 

Cando a reunión xa estea iniciada, pódese cambiar tamén o xeito de omitir a sala de agarda elixindo a opción “... Máis”; despois premendo no despregable de “Configuración” e, finalmente, en “Opcións de reunión”:

Aparecerá o apartado de “Seguridade”, que permite cambiar a política de omisión da sala de agarda:

Comprobar que o botón que permite omitir a sala de agarda para os que se conecten desde un teléfono móbil estea desactivado.

 

The contents of this page were updated on 10.23.2024.