Remata o ciclo ‘Pasados incómodos’ cun relatorio sobre o pasado colonial de Guinea Ecuatorial
A profesora da Universidade estadounidense de Hofstra Benita Sampedro é a encargada de pechar este martes o ciclo Pasados Incómodos do curso 2016-2017 que organiza o grupo de investigación Histagra.
Sampedro, que intervirá ás 12.00 horas na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia co relatorio ‘Guinea Ecuatorial: un pasado colonial incómodo, é especialista en colonialismo español en África e en América latina, as relacións transatlánticas, os procesos de descolonización, e os legados coloniais. Ten publicacións sobre colonialismo e biopolítica, historiografía e arquivos coloniais, fronteiras e ruínas. Ademais, está a piques de rematar un libro sobre os cincuenta anos de deportacións políticas de cubanos á illa presidio de Fernando Poo na segunda metade do século XIX.