Skip to main content
O curso céntrase en autocoidados dixitais relacionados coa seguridade dixital enfocada en temas de xénero.

Este curso centrado en autocoidados dixitais xorde da necesidade de crear espazos onde pensar e aprender sobre a seguridade dixital enfocada en temas de xénero. As civerviolencias machistas son cada día máis frecuentes no noso día a día, polo que é urxente crear espazos onde apropiarnos de ferramentas para recoñecer a violencia machista e para afrontalas (auto)coidándonos. Así, esta proposta nace para reflexionar sobre a nosa seguridade e identidades.

Os contidos e as tarefas teñen como obxectivos dotar de ferramentas o estudantado para identificar e para facerlles fronte ás violencias que se reproducen nas redes, identificar violencias online e compartir unha folla de ruta de (auto)coidados dixitais para combater este tipo de violencias

The contents of this page were updated on 11.13.2024.