Este curso centrado en autocoidados dixitais xorde da necesidade de crear espazos onde pensar e aprender sobre a seguridade dixital enfocada en temas de xénero. As civerviolencias machistas son cada día máis frecuentes no noso día a día, polo que é urxente crear espazos onde apropiarnos de ferramentas para recoñecer a violencia machista e para afrontalas (auto)coidándonos. Así, esta proposta nace para reflexionar sobre a nosa seguridade e identidades.
Os contidos e as tarefas teñen como obxectivos dotar de ferramentas o estudantado para identificar e para facerlles fronte ás violencias que se reproducen nas redes, identificar violencias online e compartir unha folla de ruta de (auto)coidados dixitais para combater este tipo de violencias
Impartirá o curso Arabías S.Coop.Galega
Contacto: info [at] arabias.org (info[at]arabias[dot]org)
-
Lugar: aula 12 da Facultade de Dereito
Datas e horario:
-
18 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas
-
19 de novembro, de 16:00 a 19:00
-
26 de novembro de 16:00 a 19:00
Número de horas: 10 horas presenciais
Prazas: 20
Colectivo ó que se dirixe: estudantado
Preinscrición: ata o 8 de novembro nesta ligazón
-