Skip to main content

A nova versión do Corpus de Referencia do Galego Actual preséntase este venres

A versión 3.0 do CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual) presentarase este venres 3 ás 11.30 horas na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (rúa de san Roque, 2).

Intervirán no acto a directora do proxecto e profesora da USC, Marisol López; o secretario da RAE e tamén docente na USC, Guillermo Rojo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira. Os coordinadores da parte lingüística e informática do CORGA, Eva Domínguez e Mario Barcala, respectivamente, farán ao final unha breve demostración do funcionamento do proxecto.

O CORGA é un corpus documental desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades integrado por distintos tipos de textos que permiten consideralo representativo do uso lingüístico do galego actual.

The contents of this page were updated on 11.02.2017.