Skip to main content

A promoción 1986-1992 de Medicina celebra as súas vodas de prata

Os antigos alumnos da promoción 1986-1992 de Medicina festexarán este sábado 4 a súa volta ás aulas de Compostela, un evento que coordinan Ángel Sesar, Mª Isabel Vera e Javier Villaverde.

A xornada comezará ás 12.30 horas no Recanto da Saudade cunha pequena intervención da vicepresidenta de Alumni USC, Mª Julia Melgar Riol. A continuación, faranse unha fotografía de grupo nas escaleiras da Facultade de Medicina, centro no que terá lugar un acto no que participarán o decano Julián Álvarez, o representante do profesorado da promoción, José Mª Martinón, Mª Julia Melgar e os representantes do alumnado da promoción, Beatriz Veleiro e Mario Fernández.

The contents of this page were updated on 11.03.2017.