Skip to main content

Conferencia de Carlos L. Bernárdez sobre Vicente Risco

Convidado por Alumni USC, o ensaísta e crítico de arte Carlos L. Bernárdez ofrece este martes 7 a conferencia ‘ Vicente Risco: o gran debuxante esquecido. Obra gráfica’. O relatorio terá lugar ás 19.00 horas no Paraninfo da Universidade.

Carlos L. Bernárdez ten unha prolífica e valiosa produción escrita: Breve historia da arte galega (NigraTrea,2005) , Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luis Seoane (Laiovento 2016), A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco (Espiral Maior, 1994) ou A pega rabilonga. Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez (Galaxia, 2008).

The contents of this page were updated on 11.06.2017.