Skip to main content

‘Explorando novas fronteiras das fibras e os residuos téxtiles

11.25.2024 | 16.00h

Segunda sesión das Xornadas de Economía Circular no sector téxtil

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite

O grupo Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE) e o mestrado en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC organiza este mes de novembro unhas xornadas sobre economía circular no sector téxtil, que se desenvolven na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago.

Logo da primeira do día 14, o luns 25 terá lugar a segunda sesión que leva por título ‘Explorando novas fronteiras das fibras e os residuos téxtiles’. A xornada contará coa participación da investigadora posdoutoral de Dereito da UDC Itziar Sobrino García, que falará do futuro dos residuos téxtiles en Europa a través do ecodeseño, e da investigadora posdoutoral de Enxeñería Química da Uvigo Lorena Villar Blanco, que profundará no desafío da reciclaxe de residuos téxtiles de fibras celulósicas e sintéticas. Pola súa banda, a investigadora predoutoral en Economía da USC Elisa Durán Rubí explicará os retos e oportunidades das fibras celulósicas téxtiles coma estratexia da bioeconomía circular.

Aberta a toda a comunidade universitaria, a sesión desenvolverase ás 16:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da USC e poderá seguirse tamén de xeito telemático.

The contents of this page were updated on 11.12.2024.