Skip to main content

Matemáticas: habelas, hainas, queremos contarchas!

Matemáticas: habelas, hainas, queremos contarchas!
Matemáticas: habelas, hainas, queremos contarchas!

Na tarde do xoves 9 de novembro desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas unha xornada de carácter divulgativo sobre a investigación en matemáticas, destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.

‘Habelas, hainas, queremos contarchas!’ consiste en brevísimas charlas de 20 minutos impartidas por seis investigadores e investigadoras mozas de todas as áreas de investigación presentes na Facultade, que intentarán achegar dun xeito desenfadado e sinxelo para que se empregan e que son as Matemáticas. A súa relación coa astronomía, o desprazamento de/en fluídos, os sistemas monetarios, a criptografía e a comunicación, os apelidos e movementos poboacionais, os problemas de medición de curvas, o recoñecemento de falas serán algún dos temas a tratar.

As exposicións serán en galego, para que os oradores e oradoras comecen a acostumarse a presentar as súas investigacións ao público non especialista e noutro idioma que non sexa o inglés. Será tamén unha iniciativa para normalizar o uso do galego nas matemáticas, deixando de lado prexuízos lingüísticos, neste mes de novembro en que se celebra a Ciencia en Galego.

Por cuestións de organización, a pesares de que a xornada é de balde, é preferible que as persoas interesadas se inscriban en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScfPwjfy7JdaZ80YBeRaRInEq__g3ELoNZ-uNZpFejZg6_ptA/viewform

The contents of this page were updated on 11.06.2017.