Skip to main content

II Ciclo de formación online de Scopus

As formacións terán lugar entre o 25 de novembro e o 3 de decembro
As formacións terán lugar entre o 25 de novembro e o 3 de decembro
A FECYT e Elsevier organizan unhas xornadas de formación online da base de datos Scopus, que terán lugar entre o 25 de novembro e o 3 de decembro. As sesións serán en español e para inscribirse é necesario facelo co correo electrónico institucional

Do 25 de novembro ao 3 de decembro, Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.

A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional. (Podes atopar a convocatoria completa das xornadas picando aquí)

O ciclo está composto por sete cursos, dispoñibles en horario de mañá e de tarde, de 75 minutos de duración. Estas sesións serán gravadas e poderán consultarse na páxina de formación da FECYT. Expedirase un certificado de asistencia para as persoas que participen en todas as sesións formativas.

Na nosa axenda podes ver polo miúdo o contido de cada sesión.

Podes inscribirte nesta páxina da FECYT.

The contents of this page were updated on 11.14.2024.