II Ciclo de formación online de Scopus
![As formacións terán lugar entre o 25 de novembro e o 3 de decembro As formacións terán lugar entre o 25 de novembro e o 3 de decembro](/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/image/2024-11/1234567.jpg?h=efc5709a&itok=Dvhutkws)
Do 25 de novembro ao 3 de decembro, Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.
A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional. (Podes atopar a convocatoria completa das xornadas picando aquí)
O ciclo está composto por sete cursos, dispoñibles en horario de mañá e de tarde, de 75 minutos de duración. Estas sesións serán gravadas e poderán consultarse na páxina de formación da FECYT. Expedirase un certificado de asistencia para as persoas que participen en todas as sesións formativas.
Na nosa axenda podes ver polo miúdo o contido de cada sesión.
Podes inscribirte nesta páxina da FECYT.