11.29.2024 | 10.00h-11.15h
Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.
A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional.
Esta quinta sesión estará centrada en como elexir as mellores revistas de acordo con CiteScore e outras métricas de impacto.
Esta sesión está dispoñible en horario de mañá, de 10 a 11:15 h. , e de tarde, de 15 a 16:15 h.
Podes inscribirte nesta ligazón