Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.

A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional.
Esta quinta sesión estará centrada en como elexir as mellores revistas de acordo con CiteScore e outras métricas de impacto.
A inscrición xa se atopa aberta e será requisito indispensable para obter o certificado FECYT, respostar ao 100% das cuestións plantexadas polos formadores durante a sesión en directo.
Esta sesión está dispoñible en horario de mañá, de 10 a 11:15 , e de tarde, de 15 a 16:15. Podes atopar as bases completas da convocatoria do curso na seguinte páxina da FECYT.
Podes inscribirte nesta ligazón