Ir o contido principal
Pódese solicitar a adquisición de libros, vídeos, etc. que non teñan carácter periódico. Para solicitar revistas e series, debe poñerse en contacto co persoal da biblioteca.

Antes de realizar unha solicitude de adquisicións teña en conta que:

  • O formulario está dispoñible para as persoas usuarias da BUSC.
  • As recomendacións de novas adquisicións sen identificación de usuario serán rexeitadas.
  • O material solicitado debe estar en consonancia temática co currículo da biblioteca para a que se faga a demanda.
  • Debe comprobar o catálogo en liña da Biblioteca Universitaria para ver se o material que precisa se encontra en calquera unidade da BUSC. Se o material xa existe nos fondos, poderá obtelo en préstamo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.03.2024.