Skip to main content

Acto institucional polo 25N

11.25.2024 | 11.30h

Santiago e Lugo
Praza do Obradoiro en Santiago e Edificio Intercentros en Lugo

Cartel do 25N na USC
Cartel do 25N na USC

O reitor Antonio López preside o luns 25 de novembro ás 11.30 horas o acto institucional conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que comeza na Praza do Obradoiro compostelá cun minuto de silencio e lectura do Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU). A continuación intervirán o director xeral de loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Alvedro, e o reitor Antonio López.

Deseguindo, ás 12.00 horas estréase no Salón Nobre de Fonseca o documental 'Inmigracións', realizado por Juan Moredo, con coreografía de Rosa Acuña e con guión de Juan Carlos Zahera. Gravado en abril no marco do XXII Encontro de Danza da USC no Museo Interactivo da Historia de Lugo coa Compañía de Danza da USC, neste documental participan na voz Iria Estevez; a autora da poesía, Sabela R. Campos; e as bailarinas do Campus de Santiago, Lugo e da Compañía Sen Vergoña: Manuela Cividanes, Alexandra Clista, Uxía Felpeto, Aroa García, Ziggi Iglesias, Xonxa López, Arrate Núñez, Sara Sanz, Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Loli Besteiro, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Sabela R. Campo e Bea Ovalle. 

Campus de Lugo
En Lugo seguirase un protocolo idéntico coa lectura do Manifesto da RUIGEU o mesmo luns 25, ás 12.00 horas diante do Edificio Intercentros, e coa presenza da delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez Boente.

As restantes actividades programadas nos centros con motivo do 25N poden consultarse na web de Igualdade.
Deste xeito, a USC busca manifestar ante a sociedade o rexeitamento da nosa comunidade universitaria ante este tipo de violencia.

The contents of this page were updated on 11.20.2024.