Skip to main content

Seminario ‘Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia recente. Diálogos entre España e a Arxentina’

11.28.2024 | 16.00h

Seminario 103 do CISPAC (Edificio Fontán)

O seminario será o xoves dia 28 de novembro
O seminario será o xoves dia 28 de novembro

O Grupo HISTAGRA-CISPAC organiza, xunto ao Grupo de Estudios sobre historia reciente y memoria social do Instituto Gino Germani (UBA), o seminario ‘Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia recente. Diálogos entre España e a Arxentina’ no que participarán especialistas galegas e arxentinas nos estudos da memoria da violencia en ambos lugares. A xornada, de entrada libre, será o 28 de novembro ás 16.00 horas no Seminario 103 do CISPAC (Edificio Fontán).

No seminario participarán Cecilia Vázquez Lareu, do Instituto Gino Germani , coa charla ‘Os desaparecidos de Ford: un fito na sanción da responsabilidade empresarial en crimes de lesa humanidade; Vanesa Garbero, da Universidade Nacional de Córdoba, con ‘De centros clandestinos a sitios de memoria. La Perla e Campo de la Ribera e as súas políticas de memoria’; Conchi López Sánchez, de Histagra da USC, coa intervención ‘A terra con memoria: exhumación das fosas do Golpe, da Guerra e da Ditadura franquista’; e, finalmente, Alba Garrido Fernández, tamén de Histagra, con ‘Traxectorias e experiencias vitais dos deportados galegos aos campos de concentración da Alemaña Nazi’.

The contents of this page were updated on 11.20.2024.