Inaguración do Congreso de Enfermidades neurodexenerativas
A directora do Instituto de Psicoloxía da USC, Isabel Fraga Carou, inagurou o 20 de novembro o III Congreso Nacional de Enfermedades Neurodegenerativas, xunto con David Facal Mayo, coordinador do Máster de Psicoxerontoloxía, e que actuaba por delegación da Decana de Psicoloxía. No acto tamén participaron Angel Moreno, director de Neurama, e Cesar Bugallo, presidente de FAGAL, entidades organizadoras do congreso.
Santiago de Compostela
Na inauguración, a directora do Instituto destacou a transferencia e o impacto social dentro da estratexia institucional, animando á colaboración entre o persoal investigador e as entidades do terceiro sector presentes.
Nas distintas mesas redondas e conferencias abordáronse temas como a intervención social con persoas coidadoras, os trastornos da deglución e as abordaxes terapéuticas e rehabilitadoras coas persoas afectadas.
Na xornada do 21 de novembro, entidades sociais participantes no proxecto Innov4Life, no que tamén participa persoal investigador do IPsiUS, presentarán a súa experiencia no desenvolvemento de ferramentas de saúde dixital a través de entornos reais e colaborativos.