Skip to main content

A USC participa con cinco equipos na 35 edición dos Xogos Galaico Durienses que ten lugar en Ourense

Deportistas da USC nos Xogos Galaico Durienses. FOTO: Esther Pedrosa
Deportistas da USC nos Xogos Galaico Durienses. FOTO: Esther Pedrosa
En total participan representando a Universidade de Santiago un total de 23 deportistas, que compiten en voleibol, baloncesto, pádel, natación e boccia

Este martes 26 de novembro comeza na cidade de Ourense a 35 edición dos Xogos Galaico Durienses, nos que participan 23 deportistas da Universidade de Santiago, que competirán en cinco disciplinas cos equipos das universidades de Vigo -que organiza este evento deportivo-, Trás-os-Montes e Alto Douro, Porto e Minho, pois nesta ocasión non participa a Universidade da Coruña.

Nestes Xogos, que conclúen o xoves, haberá representación da USC en voleibol feminino, baloncesto mixto 3x3, pádel mixto 2x2, natación mixta 4x4 e boccia mixta. Acompañan os equipos da USC tres membros do persoal da Área Deportiva da USC.

The contents of this page were updated on 11.27.2024.