Skip to main content

A Orquestra da USC celebra o Día Europeo da Música cun percorrido polo patrimonio universitario

A Orquestra da USC celebra o Día Europeo da Música cun percorrido polo patrimonio universitario
A Orquestra da USC celebra o Día Europeo da Música cun percorrido polo patrimonio universitario
O público poderá escoitar as actuacións en Fonseca, no Obradoiro e na Facultade de Xeografía e Historia

A iniciativa do ministro francés de Cultura Jack Lang, un 21 de xuño de 1982 celebrouse en París por primeira vez un día dedicado á música, sobre a idea orixinal do músico Joel Cohen en 1976 que quería homenaxear esta arte facéndoa accesible para todos os públicos. Esta ‘ festa da música’ celébrase xa hoxe en máis de 120 países de todo o mundo coa filosofía de achegar esta arte a todos os públicos en lugares non tan habituais de ser interpretada, con concertos e funcións de balde para todos os públicos.

Asumindo plenamente esta filosofía, a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela únese este mércores 21 ao Día Europeo da Música cunha iniciativa organizada xunto coas Visitas Guiadas da USC. Así, ao longo de lugares emblemáticos e históricos da Universidade e que forman parte dos percorridos polo patrimonio universitario, diversos grupos representativos da Orquestra ofrecerán pequenas actuacións dirixidas a todas as persoas que se atopen polas rúas de Compostela.

As agrupacións musicais partirán sobre as 12.00 horas da Praza do Obradoiro para continuar no Colexio de Fonseca e rematar na Facultade de Xeografía e Historia.

A Orquestra da Universidade creouse en 2010 e hoxe está formada por máis de 50 mozos e mozas que participan de facer música nun proxecto educativo con máis de catro programas por cada tempada e multiplicando concertos tanto en Compostela como en outros lugares da xeografía galega e portuguesa.

The contents of this page were updated on 06.20.2017.