Skip to main content

A artista nipona Hisako Horikawa imparte un taller de butoh e abre o ciclo Performáticas de Lugo Cultural

Cartaz de Hisako Horikawa
Cartaz de Hisako Horikawa

A artista nipona Hisako Horikawa imparte desde este mércores na aula de teatro e danza da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC un taller de butoh, organizado pola asociación de danza Três Monos coa colaboración da USC. As sesións programadas no marco deste obradoiro desenvolveranse mércores, xoves e venres, en quenda de mañá na sede universitaria luguesa para trasladarse a Palas de Rei nas xornadas de sábado e domingo.

A artista de butoh Hisako Horikawa abrirá o vindeiro luns 12 de xuño, a partir das 21.00 horas no Parque Rosalía de Castro de Lugo, o ciclo Performáticas, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da USC, así como do Concello e da Deputación Provincial de Lugo.

Este ciclo pretende a recuperación de espazos naturais da cidade como espazos artísticos. Trátase dunha programación aberta ao longo de todo o ano que contará con varias intervencións.

The contents of this page were updated on 06.06.2017.