Skip to main content

IV Xornada Científica da Sociedade Galega de Medicina Preventiva

A Sociedade Galega de Medicina Preventiva (SOGAMP) celebra este sábado 3 na Aula Castelao de Medicina a súa IV Xornada Científica, que inaugurará ás 9:30 horas o decano da Facultade, o profesor Juan Gestal.

A xornada consistirá en tres mesas redondas nas que se revisaran temas de grande actualidade. A primeira dedicarase á tuberculose, e nela presentaranse os últimos avances sobre a diagnose da infección tuberculosa e os principais resultados do Programa Galego de Control que se iniciou en 1996 e grazas ao que a incidencia desta enfermidade descendeu dos 72 casos por cada 100.000 habitantes nese ano aos 21,3 en 2015, un descenso “aínda máis acusado na nosa área sanitaria de Santiago, con 16,9 casos por cada 100.000 habitantes en 2005 e 14,9 o ano seguinte”, matiza Gestal.

A segunda mesa centrarase na vacinación, e en concreto na inmunosenescencia, un tema de grande interese e actualidade dado o elevado índice de envellecemento da poboación, e na vacinación antineumocócica do adulto. Ademais, presentarase o Calendario de vacinación do adulto elaborado pola SOGAMP.

No último dos debates analizaranse as medidas a adoptar para previr e controlar as Enterobacterias produtoras de Carbapenemasas, principais axentes actuais da infección nosocomial.

The contents of this page were updated on 06.02.2017.