Skip to main content

A historia da vellez e da emigración en Galicia, a análise nun curso estival

A historia da vellez e da emigración en Galicia, a análise nun curso estival
A historia da vellez e da emigración en Galicia, a análise nun curso estival

O profesor Isidro Dubert dirixe o curso de verán ‘ A morte do país? Vellos, mulleres e emigrantes na Historia de Galicia’ que se desenvolverá do 12 ao 14 de xullo na Facultade de Filosofía. O prazo de matrícula remata o 30 de xuño.

No curso exporanse as achegas máis importantes que a investigación en disciplinas tan diferentes como a Historia, a Xeografía, a Economía, ou a Filoloxía ten feito ao redor da historia da vellez e da emigración en Galicia. Como se verá, explica Dubert, “os froitos das súas achegas contrastan, cando non cuestionan abertamente, a visión que da vellez, o avellentamento, a emigración e as súas implicacións está a ser difundida hoxe no seo da sociedade galega”.

Cuestións como o empoderamento feminino na época moderna, a emigración e avellentamento na Galicia contemporánea, a asistencia social na Galicia rural, a emigración e manipulación electoral ou o esmorecemento lingüístico serán tratadas neste curso de verán que congrega especialistas de moi variadas disciplinas.

The contents of this page were updated on 06.15.2017.