Unha xornada achega as perspectivas queer á comunidade universitaria
![Para participar na xornada é preciso inscribirse previamente Para participar na xornada é preciso inscribirse previamente](/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/image/2025-02/estudiantes-espaldas-13-1.jpg?h=0b231ac9&itok=5K9VbDMc)
Para participar na xornada ‘Unha educación queer é posible. Novas perspectivas no Sistema Universitario’ é preciso inscribirse previamente
Abordar as experiencias e perspectivas queer coa fin de achegar a temática a toda a comunidade universitaria é o obxectivo da xornada ‘Unha educación queer é posible. Novas perspectivas no Sistema Universitario’ que se desenvolverá o 19 de febreiro na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur. Para asistir é preciso inscribirse.
O encontro, que comeza ás 16.00 horas, contempla unha charla sobre epistemoloxías queer a cargo de Enrique Latorre e Teresa Moure e outra sobre pedagoxías, coa intervención de Mavi Carrera e Aixa Permuy. Rematará a xornada co panel de experiencias no que participarán Nacho E. Domínguez, Daniela Ferrández, Anxela Lema e Andrea Nunes.
![Cartel da xornada Cartel da xornada](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/imaxe/2025-02/cartaz-final-xornada-educacion-queer_.jpg?itok=9bfCWfYA)