Skip to main content

Un workshop sobre ingredientes e aditivos na industria leiteira e alimentaria cita este xoves en Veterinaria uns 100 participantes

Cartaz do workshop sobre ingredientes e aditivos de industrias leiteiras e alimentarias orgaizado pola Aplta
Cartaz do workshop sobre ingredientes e aditivos de industrias leiteiras e alimentarias orgaizado pola Aplta
O vicerreitor Andrés Barreiro abrirá, ás 9.00 horas, un foro no que se abordarán as novas tendencias do mercado e os procesos de diversificación das empresas do sector

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC cita este xoves na Facultade de Veterinaria de Lugo arredor dun centenar de participantes na terceira edición do Workshop sobre Ingredientes e Aditivos na Industria Leiteira e Alimentaria, un foro dirixido especialmente a responsables e técnicos dos departamentos de I+D+i, marketing, produción e calidade de empresas do sector leiteiro, en particular, en alimentario, nun contexto máis amplo, no marco do que se abordarán as novas tendencias que está a presentar no mercado na actualidade, así como os procesos de diversificación que está a experimentar a industria láctea e alimentaria.

Este foro de traballo, cuxas sesións programadas se desenvolverán xoves e venres, contará coa participación de compañías multinacionais como Chr. Hansen, DSM, IFF, Frulact, FMC, Beneo, GBI, Ceamsa, Biópolis, CPKelco, un amplo abano de empresas que presentará en Lugo as súas principais novidades nos aditivos e ingredientes empregados na formulación de alimentos a partir de experiencias e estudos xa desenvolvidos.

A multinacional Mintel e colaboradores do clúster luso de alimentación Portugal Foods presentarán neste foro, cuxo programa está accesible en liña, as tendencias actuais dos consumidor, ao tempo que analizarán as futuras demandas globais no ámbito da alimentación, o que servirá ás empresas para orientar futuras estratexias de comercialización dos seus produtos.

Outra das novidades deste workshop vén dada polo feito de que as persoas inscritas terán a oportunidade de valorar por si mesmos as últimas propostas de ingredientes e aditivos. Para facilitar este test, a organización habilitará un espazo de presentación de produtos no que as empresas contarán cunha área específica de exposición, cata de prototipos e produtos comerciais nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta), cuxas instalacións tamén serán obxecto de visita por parte dos congresistas.

The contents of this page were updated on 06.14.2017.