O dereito e os animais, unha xornada pioneira en Galicia en colaboración coa Fundación Franz Weber

A Facultade compostelá e a Fundación Franz Weber organizan para a tarde do día 4 de febreiro a xornada gratuíta ‘O Dereito e os animais’, que comezará precisamente coa intervención de Anna Mulà, avogada especialista na materia e asesora xurídica da Fundación co organizadora.
Na xornada participarán ademais a catedrática da USC María Paz García Rubio cun relatorio sobre os animais no Dereito Civil; a maxistrada xuíza titular do Xulgado de instrución 1 de Lugo Pilar de Lara, que falará da perspectiva penal no ámbito da protección dos animais; o conselleiro permanente do Estado Enrique Alonso cunha charla na que o cabalo en Galicia servirá para avaliar o statu quo da lexislación de benestar animal no seu conxunto, e Irene Torres, avogada e tamén asesora xurídica da Fundación Franz Weber, que analizará a Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
A asistencia á xornada é libre previa inscrición a través do enderezo electrónico julia.ammerman [at] usc.es (julia[dot]ammerman[at]usc[dot]es).