Skip to main content

Seminario web con inscrición previa

Como crear clases atractivas usando vídeos con JoVE

02.27.2025 | 11.00h-16.00h

JoVE (Journal of Visualized Experiments) é unha revista científica revisada por pares que publica vídeos de métodos experimentais e vídeos educativos nas diferentes áreas da ciencia.

O webinario poderá realizarse tanto en horario de mañá como de tarde
O webinario poderá realizarse tanto en horario de mañá como de tarde

O vindeiro 27 de febreiro terán  lugar dúas sesións de formación en liña, unha ás 11h e outra ás 16h co mesmo contido, para aprender a sacarlle partido nas aulas aos máis de 24.000 vídeos cos que conta a plataforma. O webinar está dirixido á persoal docente e investigador.

Os obxectivos da formación serán: 

  • Onde atopar os vídeos que nos interesan en www.jove.com
  • Como compartir os vídeos na aula virtual para que o alumnado acceda sen problemas desde calquera lugar.
  • Como pedir as listas de reprodución relacionadas coas nosas materias para facilitarnos a busca.

Podes inscribirte nas  sesións nas seguintes ligazóns:

As sesións serán gravadas e enviadas ás persoas rexistradas. Tamén se poderá solicitar un certificado de asistencia.

 


 

 

The contents of this page were updated on 02.11.2025.