27.02.2025 | 11.00h-16.00h
JoVE (Journal of Visualized Experiments) é unha revista científica revisada por pares que publica vídeos de métodos experimentais e vídeos educativos nas diferentes áreas da ciencia.

O vindeiro 27 de febreiro terán lugar dúas sesións de formación en liña, unha ás 11h e outra ás 16h co mesmo contido, para aprender a sacarlle partido nas aulas aos máis de 24.000 vídeos cos que conta a plataforma. O webinar está dirixido á persoal docente e investigador.
Os obxectivos da formación serán:
- Onde atopar os vídeos que nos interesan en www.jove.com
- Como compartir os vídeos na aula virtual para que o alumnado acceda sen problemas desde calquera lugar.
- Como pedir as listas de reprodución relacionadas coas nosas materias para facilitarnos a busca.
Podes inscribirte nas sesións nas seguintes ligazóns:
- Quenda de mañá (11 h.) https://us06web.zoom.us/meeting/register/LcUXNAdKQqWWhX8rA0J5Gg
- Quenda de tarde (16 h.) https://us06web.zoom.us/meeting/register/4Ok9L3Z4QxqNRLybVG6Evw
As sesións serán gravadas e enviadas ás persoas rexistradas. Tamén se poderá solicitar un certificado de asistencia.