Skip to main content

O luns entréganse os premios do concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’

O CPI San Vicente da Baña, o IES nº 1 de Ribeira, o Colexio Apóstolo Santiago de Vigo, o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños e o Colexio Alca de Ames resultaron finalistas da sétima edición do concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’.

O luns 19 ás 12.00 horas na Facultade de Matemáticas daranse a coñecer os gañadores, que serán os que representarán a Galicia na VII Fase Nacional do concurso a celebrar en Oviedo do 28 ao 30 de xuño.

O concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ convócao a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (Sgapeio) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Estatística.

O xurado
O xurado desta sétima edición estivo presidido por Tomás Cotos Yáñez , vicepresidente da SGAPEIO, sendo secretaria Mª Jesús Casado Barrio, do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos. Como vogais actuaron Concepción Miguele Arrizado, do Instituto Galego de Estatística; Indalecio Cabana Leira, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, do IES de Mugardos; e Mª José Ginzo Villamayor, da USC e membro da actual executiva da SGAPEIO.

The contents of this page were updated on 06.16.2017.