Skip to main content

O volume Corpus Linguistics on the Move recibe un novo galardón

O volume Corpus Linguistics on the Move recibe un novo galardón
O volume Corpus Linguistics on the Move recibe un novo galardón
Gaña o I Premio de Investigación 'Aquilino Sánchez' da Asociación Española de Lingüística de Corpus

A obra Corpus linguistics on the move: Exploring and understanding English through corpora (2016), editada por profesores do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC, vén de recibir o Premio de investigación 'Aquilino Sánchez', que outorga a Asociación Española deLingüística de Corpus (AELINCO) na súa primeira edición. A concesión do premio foi anunciada durante a celebración do IX Congreso CILC, celebrado na Universidade de Paris Diderot Paris Sorbonne Cité entre o 31 de maio e o 2 de xuño.

O volume, publicado na colección Language and Computers da editorial Brill/Rodopi (Leiden & Boston), fora galardoado xa co premio de investigación 2017 da Asociación Española de Lingüística Aplicada (AESLA).

Os editores da publicación pertencen a dous dos máis consolidados grupos de investigación da área de Filoloxía Inglesa. De ‘Variation, Linguistic Change and Grammaticalization’ forman parte as profesoras María José López Couso, Belén Méndez Naya e Paloma Núñez Pertejo, mentres que o investigador principal de SPERTUS(Spoken English Research Team at the University of Santiago de Compostela) é o profesor Ignacio M. Palacios Martínez.

The contents of this page were updated on 06.12.2017.