Skip to main content

Preséntase no Ateneo o libro Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de persoal investigador da USC

Os investigadores do grupo de investigación Histagra da USC Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho coordinaron o libro Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, que editou o pasado ano a editorial Galaxia.

A publicación preséntase de novo nun acto literario no Ateneo de Santiago este mércores 23 ás 19:30 horas. Participarán, ademais dos coordinadores, o catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares; o membro do Consello Fiscal e ex presidente da UPF, Álvaro García Ortiz; a investigadora e co autora Aldara Cidrás Fuentes, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro.

No libro teñen cabida artigos dos tamén compoñentes do Grupo Histagra Conchi López, Rafael García, Aldara Cidrás, Xavier Buxeiro, Judith Carbajo e Iria Morgade, que detallan as dimensións sociais dos verdugos e os colaboradores, canto se estendeu a marcha da violencia do golpe e como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas, porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo, nin da súa experiencia vital e política.

The contents of this page were updated on 01.22.2019.