Skip to main content

Acto académico con motivo do Día das Letras Galegas

O reitor Juan Viaño presidirá este martes 16 o acto literario que a USC celebra con motivo do Día das Letras Galegas nunha sesión ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

A xornada comezará coa presentación do volume Casares en Compostela, a cargo do director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escaneo, a quen seguirá o profesor do mesmo Departamento Henrique Monteagudo que pronunciará a conferencia ‘Casares en Compostela: universidade e literatura’. Para rematar, un grupo de estudantes do grao en Lingua e Literatura Galegas dará lectura a Seis retratos de Carlos Casares.

The contents of this page were updated on 05.15.2017.