Skip to main content

A OIX impulsa unha formación específica sobre ferramentas e estratexias para a coeducación no Ensino Secundario

Imaxe de arquivo de estudantes na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de estudantes na USC. FOTO: Santi Alvite
O prazo de preiscrición estenderase ata o 11 de abril e a matrícula terá lugar do 12 deste mesmo mes ao 2 de maio
Lugo

O curso de formación específica ‘Microcredencial Universitaria en Perspectiva de Xénero na Docencia: Ferramentas e Estratexias para a Coeducación no Ensino Secundario’ diríxese a estudantado do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas do Campus de Lugo, así como a profesorado en activo de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas. O prazo de preiscrición estenderase ata o 11 de abril e a matrícula terá lugar do 12 deste mesmo mes ao 2 de maio. 

Cunha carga de traballo en ECTS de 1,5 créditos, esta actividade impulsada dende a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) ten como obxectivos comprender os conceptos básicos da perspectiva de xénero e o seu impacto na educación, identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes no entorno educativo, desenvolver estratexias pedagóxicas inclusivas e equitativas que promovan a igualdade de oportunidades para todo o estudantado, analizar e adaptar o currículo escolar dende unha perspectiva de xénero, e favorecer a reflexión crítica sobre as propias prácticas docentes e a construción de identidades de xénero.

 

The contents of this page were updated on 04.04.2025.