Dereito celebra este venres o acto académico de San Raimundo de Peñafort
A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago celebra este venres 25 o acto académico na honra de San Raimundo de Peñafort, patrón do centro, que presidirá ás 12.00 horas o reitor Antonio López. Acompañarano na mesa o decano da Facultade, Gumersindo Guinarte; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes.
No acto, o catedrático emérito de Dereito Penal Enrique Orts Berenguer pronunciará a lección maxistral ‘Reflexións sobre relixión e Dereito’. A continuación terá lugar a entrega da insignia da Facultade ás profesoras Antonia Nieto Alonso e Lourdes Noya Ferreiro con motivo dos seus 25 anos de servizos no centro.
A celebración proseguirá coa entrega de diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos no curso 2017/2018 e ao quer acadou Premio Extraordinario de Grao e Másteres.