Skip to main content

O concurso ‘Explícoche matemáticas 2.0’ entrega este mércores os seus premios

O certame de curtas sobre conceptos matemáticos en galego ‘Explícoche matemáticas 2.0’ entrega este mércores 31 os premios aos mellores traballos. O acto será a partir das 18.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

Nesta edición, o xurado elixiu como proposta gañadora da categoría de ESO, Bacharelato e FP o traballo Fractais: copa de neve de Koch de Irene Pereira Reboredo, de 3º da ESO do IES Castro Alobre de Vilagarcía, coa titoría de Ana María Fernández Barros. Na categoría de Universidade gañou o vídeo Poden os ourizos voar? de Brais Fortes Novoa, alumno de Mestrado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.

O premio ao vídeo mellor valorado polos internautas foi para As relacións trigonométricas e o teorema de Pitágoras no dab de Andrés Vázquez García, baixo a titorización de María Teresa Díaz López.

O xurado tamén acordou conceder dúas mencións honoríficas. Unha ao vídeo A piña de Regiomontano, de Aroa Río Torres, Sandra Vázquez Silva e Nerea Iglesias Espiño, do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, titorizados por Cibrán Manuel Arxibai Queiruga. E outra ao traballo As matemáticas da música, do alumno de grao en Económicas na USC Lois Pimentel Iglesias.

The contents of this page were updated on 05.30.2017.