Skip to main content

Pesar na USC polo pasamento de Yolanda Naseiro Hermida, alumna da Facultade de Relacións Laborais

A Universidade de Santiago de Compostela lamenta o pasamento de Yolanda Naseiro Hermida, alumna da Facultade de Relacións Laborais da USC, na que estaba matriculada no primeiro curso do Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Os restos mortais de Yolanda Naseiro Hermida están a ser velados no tanatorio de Vilalba. A comitiva fúnebre partirá este luns, ás 18.00 horas, cara a igrexa parroquial de Santaballa, onde se celebrará unha misa funeral para, de seguido, proceder á inhumación do cadáver no panteón familiar.

The contents of this page were updated on 05.29.2017.