Skip to main content

A Facultade de ADE do Campus Terra da USC celebra este venres o acto de graduación da súa quinta promoción

O director de negocio do Grupo Arenal, Rafael Marzán Vázquez actuará como padriño no acto de graduación, que comezará ás 18.30 horas na Aula Magna do centro lugués

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC celebrará este venres, a partir das 18.30 horas, o acto e graduación da súa quinta promoción de titulados/as, da que actuará como padriño o director de negocio do grupo Arenal S.L., Rafael Marzán Vázquez.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá a celebración desta sesión, no marco da que tamén se procederá á entrega do premio ao mellor expediente académico da promoción 2012-2016 do grao en ADE, ademais de agasallar con diplomas e pins aos membros da promoción 2013-2017.

A decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o deputado provincial Pablo Rivera Capón, e o decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Salustiano Velo Sabín, tamén intervirán como relatores no marco deste acto.

The contents of this page were updated on 05.11.2017.