Skip to main content

‘Diálogos Inspiradores’: a cultura como motor de innovación social e desenvolvemento local

05.08.2025 | 16.30h
A sesión será no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
A sesión será no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite

O mércores 8 de maio ás 16:30 horas, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle unha nova edición de ‘Diálogos Inspiradores’, unha iniciativa promovida polo Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia (LIESGA) no marco do programa #ConectaESGalega.

Nesta ocasión, o encontro centrarase na cultura como motor de innovación social e desenvolvemento local e no papel que o cooperativismo pode desempeñar como ferramenta transformadora ao servizo das persoas.

O evento contará coa participación de Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo, Emprego e Economía Social da Xunta de Galicia; María Villamarín, socia traballadora de NUMAX S. Coop. Galega, responsable da libraría e comunicación; e Isabel Neira, catedrática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e integrante do grupo LIESGA.

Durante a xornada, abordarase como a cultura e o emprendemento colectivo se entrelazan para dar resposta aos retos do territorio, apostando por modelos máis inclusivos, sostibles e conectados coa comunidade. Será unha oportunidade para coñecer iniciativas que transforman a forma de producir, difundir e vivir a cultura.

A inscrición está aberta e pode realizarse a través do seguinte enlace.

Diálogos inspiradores
Os ‘Diálogos Inspiradores’ forman parte da programación de #ConectaESGalega, unha iniciativa que busca fomentar o diálogo entre a economía social e os sectores tecnolóxicos e innovadores en Galicia. Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
 

The contents of this page were updated on 05.05.2025.