Skip to main content

Proxecto TodoCosmos

O programa de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade medíante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

Parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto "La Astronomía al alcance de todos: colaboración Universidad-Ayuntamientos-Organismos Públicos y Empresas", que co acrónimo TODOCOSMOS conta con financiación da FECYT nos anos 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018, e no que participaron así mesmo os concellos de Allariz, Ames, Barbadás, Boqueixón, Lalín, Monforte de Lemos, Noia, O Grove, Ordes, Oroso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Vila de Cruces e Vilar de Santos, así como a empresa Óptica Val. Dado o éxito do programa e o xeito novidoso de facer divulgación da ciencia, en 2015 a FECYT catalogouno como "práctica innovadora en cultura científica".

TODOCOSMOS non é só unha actividade de ocio, senón que moitas veces é requerido por centros escolares e académicos para facer actividades que sirven de complemento ás materias curriculares. Noutras ocasións, TODOCOSMOS estivo tamén presente tanto en centros penitenciarios como en centros de rehabilitación, contando sempre cos parabéns de todos os participantes ao longo de todos estes anos.

Aparte diso, TODOCOSMOS realizou actuacións puntuais noutros trinta concellos, estando aberto á solicitude e participación de distintos colectivos, asociacións, grupos escolares, etc. de toda Galicia.

O equipo responsable de TODOCOSMOS está constituido por: José Ángel Docobo Durántez (Catedrático de Astronomía), Pedro Pablo Campo Díaz (Doutor en Astronomía), Jorge Gómez Crespo (Doutor en Astronomía), e María Brea Mato e José Ramón González Romay (licenciados).

Novas relacionadas

The contents of this page were updated on 05.20.2025.