Skip to main content

XuvenCiencia abre unha listaxe de reserva para cubrir baixas de última hora

Este campus de verán botará a andar a súa décima terceira edición o vindeiro 29 de xuño
Este campus de verán botará a andar a súa décima terceira edición o vindeiro 29 de xuño
O campus científico de verán xa se atopa no seu proceso de matrícula
Lugo

O campus científico de verán XuvenCiencia abriu unha listaxe de reserva para cubrir baixas de última hora na que é preciso anotarse a través dun formulario electrónico. As persoas que xa aparecen como admitidas, poden formalizar a matrícula a través do web deste campus científico con sede en Lugo. 

Este campus de verán botará a andar a súa décima terceira edición o vindeiro 29 de xuño no Campus de Lugo da USC e estenderase ata o 5 de xullo, coa intención, un ano máis, de espertar vocacións científicas entre o estudantado preuniversitario. 

The contents of this page were updated on 05.21.2025.