Skip to main content

Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto

Fotograma do documental ‘Shoah, os esquecidos da Historia’ que se proxectará na homenaxe
Fotograma do documental ‘Shoah, os esquecidos da Historia’ que se proxectará na homenaxe

Un ano máis, a USC colabora coa comunidade xudía de Galicia nos actos do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, que ten lugar en todo o mundo os 27 de xaneiro e que este ano aquí se adianta ao venres 25.

No acto, a desenvolver ás 19.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, proxectarase o documental ‘Shoah, os esquecidos da Historia’ (2014), dirixido por Véronique Lagoarde-Ségot sobre o exterminio de tres millóns de xudeus por parte dos nazis na fronte oriental durante a Segunda Guerra Mundial e a tentativa de esquecemento que pretenderon as autoridades soviéticas. A cinta mostra imaxes reais da barbarie gravadas polo exército de Stalin que no seu día foran censuradas.

Ao remate da proxección, e como xa é habitual, terá lugar unha pequena cerimonia de homenaxe ás vítimas.

Organizan esta xornada a Comunidade Xudía de Galicia e a Asociación Galega de Amizade con Israel.

The contents of this page were updated on 01.24.2019.