Skip to main content

Participación na formación

Coñece o proceso de alta e as xestións relacionadas coa formación

  • Na sección Actividades do Plan de Formación do web do Centro de Formación do Persoal, atopará todas as actividades de formación con información detallada.
  • Para recibir información sobre as convocatorias de actividades formativas para PDI-PI, subscríbase á lista de distribución.
  1. O PDI-PI pode inscribirse nun curso:
    •    desde a información da propia actividade formativa no web, onde atopará a opción de inscrición directa (baixo o epígrafe de matrícula).
    •    desde a Secretaría Virtual, na sección "Actividades, Cursos e Probas" > "Oferta" > "Programa de Formación e Innovación Docente", onde se listan as actividades con inscrición aberta.
  2. O persoal contratado de investigación sen docencia no POD deberá inscribirse exclusivamente neste formulario de inscrición.
  3. Para todo o persoal, o máximo de actividades en que se pode solicitar a inscrición, por curso académico, é:
    •    Máximo de oito actividades formativas do Plan Xeral.
    •    Máximo de dúas actividades recoñecidas polo Centro de Formación de Persoal, organizadas por centros docentes e de investigación, departamentos e grupos de investigación e innovación da USC.
  • Unha vez rematado o prazo de inscrición, o Centro de Formación de Persoal establecerá unha lista de inscricións seguindo os criterios establecidos na convocatoria da actividade e no artigo 15 do Regulamento do Centro de Formación de Persoal da USC, e procederá a matricular segundo o número de prazas da actividade.
  • Todas as persoas inscritas no curso poderán consultar a súa admisión e matrícula (ou non) na Secretaria Virtual.
  • As persoas admitidas e matriculadas recibirán un correo electrónico de confirmación.
  • As persoas admitidas e matriculadas nun curso que non poidan asistir deberán comunicalo por correo electrónico a formaci%C3%B3n.pdi [at] usc.gal (formación[dot]pdi[at]usc[dot]gal), cunha antelación mínima de tres días hábiles antes da data de inicio do curso.
  • As baixas serán cubertas por orde coas persoas da lista de agarda non admitidas inicialmente.  
  • As persoas que non comuniquen a baixa no prazo indicado ou non asistan ao mínimo do 80% das horas (tele)presenciais da actividade formativa, serán penalizadas, polo que durante un ano ocuparán o derradeiro posto nas listas de inscrición das actividades.

A información sobre as convocatorias de cursos do Plan de Formación para o PDI distribuirase na lista xeral de USC-PDI, co asunto Plan de Formación. 

Crea ou xestiona aquí a túa subscrición.

The contents of this page were updated on 08.26.2025.