Skip to main content

Participación na formación

Coñece o proceso de alta e as xestións relacionadas coa formación

O PTXAS pode inscribirse nun curso desde a información da propia actividade formativa no web, onde atopará a opción de inscrición directa.

  • Unha vez rematado o prazo de inscrición, o Centro de Formación de Persoal establecerá unha lista de inscricións seguindo os criterios establecidos na convocatoria da actividade e no artigo 15 do Regulamento do Centro de Formación de Persoal da USC, e procederá a matricular segundo o número de prazas da actividade.
  • As listas de persoas admitidas e excluídas serán públicas na páxina web das Actividades do Plan de Formación. Informarase da súa publicación a través da listaxe de correo sobre formación.
  • En caso de detectar un posible erro, a persoa interesada pode contactar co Centro de Formación de Persoal en formacion.ptxas [at] usc.gal.
  • As persoas admitidas e matriculadas nun curso que non poidan asistir deberán comunicalo por correo electrónico a formaci%C3%B3n.ptxas [at] usc.gal (formación[dot]ptxas[at]usc[dot]gal), cunha antelación mínima de tres días hábiles antes da data de inicio do curso.
  • As baixas serán cubertas por orde coas persoas da lista de agarda non admitidas inicialmente.  
  • As persoas que non comuniquen a baixa no prazo indicado ou non asistan ao mínimo do 80% das horas (tele)presenciais da actividade formativa, serán penalizadas, polo que durante un ano ocuparán o derradeiro posto nas listas de inscrición das actividades.

A información sobre as convocatorias de cursos do Plan de Formación para o PTXAS distribúese na lista de usc-formacionptxas, co asunto Lista de formación para PTXAS. 

Para subscribirte entra en https://listas.usc.gal/wws/info/usc-formacionptxas e introduce as túas credenciais en Acceso USC.

Podes atopar mais información acerca do funcionamento do servidor de listas en: http://www.listas.usc.es

The contents of this page were updated on 08.26.2025.