Skip to main content

Ciencias da Comunicación inaugurou a Aula ‘Nacho Mirás’

De esquerda a dereira, Ainhoa Apestegui, Xosé R. Pousa, Xosé Pereira e Dario Janeiro. Foto: Servimav-USC
De esquerda a dereira, Ainhoa Apestegui, Xosé R. Pousa, Xosé Pereira e Dario Janeiro. Foto: Servimav-USC

O xornalista Nacho Mirás ocupa dende este mércores 3 un espazo de seu na Facultade de Ciencias da Comunicación ao dar nome á aula onde impartía a materia práctica de Redacción Xornalística. A inauguración deste espazo que lembra ao xornalista finado a finais de 2015 quedou formalizada oficialmente coa colocación dunha placa coa nova denominación da Aula. Interviñeron nesta sesión Ainhoa Apestegui en representación da familia de Nacho Mirás; o vicerreitor Xosé Pereira; o decano do centro, Xosé Ramón Pousa; e Darío Janeiro en representación do Colexio de Xornalistas.

Este foi un dos actos principais cos que a Facultade de Ciencias da Comunicación conmemorou este 3 de maio o Día da Liberdade de Expresión. A xornada contou coa participación de numerosos compañeiros e alumnos do centro e súmase a outras iniciativas que tanto dende a propia Facultade como dende o Colexio Profesional manteñen viva a lembranza sobre a figura de Nacho Mirás.

A aula era o lugar onde impartía docencia de Redacción Xornalística. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 05.03.2017.