Recoñecen en México a traxectoria do profesor Caride no eido da pedagoxía ambiental
 
            A Academia Nacional de Educación Ambiental e a Universidade de Guadalajara outorgáronlle esta semana un recoñecemento
      
  
    
  
  
  
        
            Santiago de Compostela
      
  
    
      
      
  
    
            
  O catedrático da USC José Antonio Caride acaba de recibir en México un recoñecemento oficial por parte da Academia Nacional de Educación Ambiental e a Universidade de Guadalajara “pola súa notable e incansable traxectoria na que realizou profundas achegas á pedagoxía ambiental en Iberoamérica”.
A entrega desta distinción tivo lugar en Guadalajara no marco do IV Congreso Nacional de Educación Ambiental para a Sustentabilidade ‘Ética, ecoloxía política e decolonialidade’, no que o profesor Caride interveu cun relatorio sobre educación ambiental, emerxencia climática e os desafíos éticos.