Skip to main content

Bioloxía acolle este mércores unha charla sobre o ApS ‘Plantando cara ó lume’ e a restauración de solos incendiados

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A charla, na que intervirán como relatores Martín Rodríguez e Noemí Santiago, desenvolverase a partir das 13.00 horas no salón de graos do centro compostelán

O proxecto de innovación educativa impulsado pola USC e baseado na metodoloxía de aprendizaxe e servizo (ApS) ‘Plantando cara ó lume’ chega este mércores á Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela, onde os estudantes de Enxeñaría Forestal e do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) Martín Rodríguez Padorno e Noemí Santiago Parada, ofrecerán un relatorio respecto das acción desenvolvidas no marco desta iniciativa e orientadas cara a sensibilización contra os incendios e a posterior recuperación dos solos asolados polas lapas.

Esta charla informativa, que sirve de epílogo do proxecto de ApS coordinado polo profesor da USC na Escola Politécnica Superior de Lugo Agustín Merino García, comezará ás 13.00 horas, e está aberta a todo o público interesado na temática.

O proxecto ‘Plantando cara ó lume’ é unha iniciativa a través da que os seus promotores tratan de dar a coñecer os posibles efectos dos incendios no noso territorio, ademais de propoñer solucións para minimizar os riscos, así como para rehabilitar as áreas afectadas.

The contents of this page were updated on 05.09.2017.