Skip to main content

Ciencias Económicas e Empresariais acolle o Aquae Talent Hub, xornada gratuíta de creatividade e innovación

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá este venres 12 o evento gratuíto ‘Aquae Talent Hub’ (Paixón polo Talento), un encontro para afondar no mundo da innovación e os procesos creativos que organiza a Fundación AQUA e, en Santiago, en colaboración coa USC e Viaqua.

O Aquae Talent Hub desenvólvese nunha soa xornada en torno a un obradoiro e unha clase maxistral a cargo de especialistas en innovación e emprendemento. Nesta ocasión serán Cecilia Tham, recoñecida activista da innovación fundadora do centro de coworking Makers of Barcelona, e Irene Lapuente, fundadora da empresa La Mandarina de Newton dedicada ao fomento da creatividade.

Nos obradoiros empregaranse ferramentas propias do Design Thinking, cos que exercitar e pór en práctica metodoloxías para formular de forma innovadora resolucións de problemas que satisfagan as necesidades das persoas. Xa nas clases maxistrais compartiranse casos prácticos de éxito.

O evento diríxase a todas aquelas persoas que teñan interese por aprender sobre innovación, compartir os seus coñecementos con outras persoas e a comunidade virtual, ademais de ampliar a súa rede de contactos. Quen desexe participar deberá inscribirse previamente a través da páxina AquaeTalentHub.com. O alumnado do Campus de Lugo disporá dun autobús gratuíto.

Este evento de innovación chega a Compostela logo de ter lugar en Elche, Murcia e Málaga, e despois da capital galega viaxará a outros catro puntos da xeografía española, con outras temáticas e persoal experto.

The contents of this page were updated on 05.11.2017.