Skip to main content

Abre o prazo para presentar comunicacións e proxectos ao congreso internacional ‘Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media’

Entre os días 9 e 11 de outubro terá lugar na Facultade de Filoloxía un congreso internacional que reflexionará sobre o medievalismo e as humanidades dixitais. O encontro está organizado pola Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares que, coordinada pola catedrática da USC Mercedes Brea, aglutina grupos de investigación de distintas áreas de coñecemento de filoloxía, historia medieval e historia da arte das tres universidades galegas e o grupo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC.

O congreso internacional ‘Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media’ está aberto a todas aquelas propostas de carácter transversal e multidisciplinar que combinen unha ou varias áreas da medievalística coas humanidades dixitais, con liñas temáticas que cobren as principais tendencias actuais como a presentación de corpora, repertorios e bases de datos ou o os métodos e ferramentas ao servizo dos estudos medievais.

O prazo para o envío de propostas de comunicacións e de presentación de proxectos está aberto ata o vindeiro 31 de maio. A información sobre o Congreso está dispoñible na páxina web propia, á que se incorporará a información actualizada do evento: http://www.usc.es/estmedin/hd/.

The contents of this page were updated on 05.11.2017.