Skip to main content

Campus de Lugo

USO DO TELÉFONO MÓBIL -LUGO-

22, 23, 24 e 25 de setembro de 2025 HORARIO: 10:00-12:00

Casa do Saber – Campus Terra- Lugo

Sesión 1
O teléfono móbil: un ordenador todo en un que cabe no peto
1. As funcionalidades dos teléfonos intelixentes.
2. O Sistema Operativo: Android, IOS, Windows Phone, etc.
3. Manexo do teléfono móbil:
a. Botóns e accesorios.
b. Centro de control, centro de notificacións, axustes, etc.

Sesión 2
As aplicacións: como facer render o teléfono móbil
4. Aplicacións incorporadas. Chamadas, mensaxes, cámara fotográfica, cámara de vídeo, lanterna, calculadora, correo electrónico, notas de voz, notas, etc.
5. Aplicacións descargables. A tenda de aplicacións. Whatsapp, Telegram, Radios, YouTube, etc.
6. Múltiples formas de compartir arquivos: correo electrónico, WeTransfer, Google Drive, SwissTransfer, etc.

Sesión 3
A identidade dixital e a comunicación coas administracións
7. O Certificado Dixital, a Chave 365 e a Clave Permanente. Ferramentas para identificarse de forma segura nos trámites administrativos e sinatura dixital de documentos. Solicitude e instalación nos dispositivos móbiles.
8. As Sedes Electrónicas das administracións e os seus catálogos de trámites en liña.
9. A Intelixencia Artificial (IA): uso do CHAT GPT e outras ferramentas de IA para tarefas cotiás e resolución de problemas.
Sesión 4
Uso do teléfono móbil para unha vida saudábel
10. A aplicación Sergas Móbil: como identificarme, ver na miña axenda as próximas citas e as peticións pendentes de cita, pedir cita, ver os informes médicos, ver o historial de medicación e a folla de medicación activa, etc.
11. Sabemos o que comemos? Alimentación saudábel mediante o uso da aplicación Yuka.
12. Monitorear a nosa actividade física mediante a aplicación Google Fit.

The contents of this page were updated on 07.03.2025.